Quen é Marma?
Marma é unha cooperativa de traballo formado por un equipo de persoas creativas, valentes, comprometidas e diversas.
O nome propio vén da unión dos seus socios fundadores, Marina e Matías. Pero neste longo camiño desde o 2016 fóronse sumando outros profesionais e colaboradores como produtoras, deseñadores, ambientólogos, consultoras, expertas en igualdade, creativas, cámaras e guionistas que completan a visión de Marma para facela máis diversa e multidisciplinar.
Cremos no talento, no traballo e no poder do noso oficio como ferramenta para transformar a sociedade cara a un lugar máis xusto, igualitario, diverso e respectuoso coas persoas e o planeta. Por iso, a nosa misión é xerar unha comunicación e un contido responsable.
Somos Cooperativa porque defendemos a Economía Social como fórmula de desenvolvemento persoal e profesional sostible.
Como o facemos?
Creamos historias únicas e memorables, que son capaces de conectar ás persoas coa súa contorna.









