Festa do Marisco 2025 en Fene.
A cofradía de marisco de Barallobre, en Fene, organiza todos os anos unha fin de semana gastronómica no mes de agosto para promocionar e exaltar os mariscos da ría coma a navalla, a zamburiña, a ameixa, o berberecho e a vieira, preparadas en diferentes elaboracións tradicionais.
O evento ao que acudiron algo máis de 2000 asistentes durante o sábado e o domingo contou con música en directo, diferentes shoowcokings e degustacións de marisco a cargo da chef Nair González, ademáis de actividades infantís para nenos e nenas.
Dende Marma cubrimos o evento de xeito audiovisual gravando o que aconteceu, facendo entrevistas ao público da man de Daniel García, o presentador que conduciu o evento e fotografiamos a festa. Gastronomía e cultura tradicional na ría de Ferrol para poñer en valor os produtos kilómetro cero.
No vídeo resumen podes ver todo o que aconteceu na Festa do Marisco de Barallobre 2025.





