Título do proxecto
Betanzos Capital.
Cliente
Premio II Certamen Fondos Culturais Reino de Galicia
Valor
Betanzos Capital é un proxecto deseñado e creado por Marma para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da vila de Betanzos durante o período do Reino de Galicia.
Para crear uns contidos o máis orixinais posibles e chegar a un público máis novo, apostamos por contar o relato nun formato audiovisual e cun estilo baseado en motion graphics y grafismos animados.
Cada relato está interpretado por un mozo historiador da cidade que desvela a modo de anécdota, algún tema clave dos que fan tan singular a Betanzos como: o legado da Feira Franca, o calendario agrícola de Santa María, o misterio dos túneles subterráneos, a explicación do edificio Arquivo ou o pasado do porto marítimo e a súa relación comercial.
O proxecto ademais de contar cos oito vídeos divulgativos, está acompañado dun tríptico que promove un roteiro físico polos lugares que deben de ser visitados para coñecer os feitos históricos. O tríptico conta cun código QR para acceder aos vídeos e á web creada con toda a información do proxecto: www.betanzoscapital.gal
Para darlle unha identidade visual propia, creamos tamén un logotipo do proxecto baixo o título de Betanzos Capital. Para iso, contamos coa colaboración de Coma Comunicación Creativa que deseñou un logotipo moi acertado poñendo en valor o contexto: o Reino Medieval de Galicia. Por iso o elemento que máis destaca do deseño, é unha coroa de reinado sobre a tipografía que fai alusión á capitalidade de provincia que tivo ata finais do S.XIX.
“Betanzos Capital, vos segredos do Betanzos Medieval” é un dos dez proxectos gañadores do II Certame de Fondos Culturais Reino de Galicia da Deputación de Galicia.








