Título do proxecto
Obradoiros de Cociña Mariñeira para hostalería
Cliente
Concello de Miño
Valor
Cociña Mariñeira, un proxecto deseñado para fomentar a cooperación entre o sector hostaleiro.
Desde Marma diseñamos, coordinamos e puxemos en marcha un programa para mellorar o nivel da hostalería en Miño, a través da formación, o diálogo, a colaboración e a creatividade. Oito talleres de cociña impartidos por un prestixioso cociñeiro para elaborar un receitario a partir dos produtos do mar e da terra de Miño.
O resultado?
- 14 participantes
- 16 recetas elaboradas
- 1 prato local de Miño
O maior éxito dos talleres foi a creación final dunha receita local con produtos de Miño. Un “Birlo Mariñeiro” que reivindica o pan artesán, a cebola chata de Miño e os bivalvos da ría como os berberechos e as ameixas.
Esta oportunidade de desenvolver o proxecto xurdiu da iniciativa do Concello de Miño, grazas aos fondos europeos FEMP 2014-2022.
Desde o principio, tanto no deseño como na execución, desde Marma tiñamos moi clara a necesidade de xerar diálogo e de promover a cooperación entre os participantes. Para iso,reamos diferentes canles de comunicación e xeramos un contido diario que foi en paralelo aos obradoiros. Buscamos tamén xerar o interese da poboación local polos hostaleiros co obxectivo de mellorar a imaxe do sector, así como facer aos participantes protagonistas do proxecto.
Na web que deseñamos www.cociñamariñeira.com podes ampliar toda a información dos talleres e coñecer o contido sobre o proxecto que segue aínda vivo. Un proxecto que tratou de xerar impacto positivo no entrono, grazas á comunicación, a formación e o contido audiovisual.
















