Título do proxecto
Vídeos artistas musicais
Cliente
Fundación Paideia y AGADIC
Valor
Durante case un ano acompañamos aos doce artistas que formaron parte do II Programa de Aceleración Musical impulsado por Fundación Paideia e AGADIC. O obxectivo era realizar un vídeo de cada artista que recollese a personalidade de cada proxecto e que mostrase o cambio e os resultados ao participar no programa.
O noso método foi coñecer ben a realidade de cada proxecto, as súas expectativas, empaparse do seu son e sacar a súa idiosincrasia nunha peza de apenas tres minutos de duración que representase cada artista e cada estilo. Nalgúns vídeos hai máis dialogo que noutros. Nalgúns case a súa música sérvenos de fío condutor, as súas letras son unha metáfora do proxecto. Noutros nos deixamos seducir polos videoclips ou o estilismo.
Cada proxecto musical emerxente é único e iso é o que tratamos de reflectir con este traballo que abordamos durante case sete meses.
Podes ver todos os vídeos dispoñibles na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PLDIvLGJgXROdDVMrjyI1nEK_CniZD27V4

















